Algún día…

Teatro do Atlántico reflexiona sobre a vida a raíz de catro actrices na súa última montaxe

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Algún día…

“É segundo o autor un pequeño acto de amor ou un berro de medo” explica Xúlio Lago, director de Teatro de Atlántico a propósito da súa última montaxe E.R. Algún día traballaremos xuntas, a adaptación ao teatro galego da obra de Josep Benet i Jornet que no seu momento interpretou Teatro Lliure. O mundo do teatro é un dos envoltorios dunha historia que protagonizan catro mulleres que contan a súa relación co oficio e, a través disto, “van trazando o seu perfil humano, os seus dramas familiares, as súas paixóns, as súas frustracións ou a súa maneira de afrontar as dificultades da vida”, segundo explica o seu director Xúlio Lago. O espectáculo inclúese dentro da Mostra das Artes Escénicas (Teatro Principal, 18:30 horas).

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Pío, pío

Pío, pío

Caramuxo Teatro achégase á natureza con Pío, a súa ultima montaxe

Atlántico na memoria

Atlántico na memoria

Teatro do Atlántico presenta unha historia de amor no contexto da emigración e da guerra civil

Dúas caras da mesma moeda

Dúas caras da mesma moeda

Teatro do Atlántico repite no teatro contemporáneo cunha peza dobre inspirada en Chéjov

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Xúlio Lago, Teatro do Atlántico, Espectáculo...