Teatro do Atlántico celebra esta semana na sede do Centro Dramático Galego os seus 35 anos sobre os escenarios coa reposición de catro das súas últimas montaxes máis recentes. A compañía constituída no ano 1985 por María Barcala e Xúlio Lago ten recibido multitude de galardóns e realizado xiras por case todo o territorio español, con participación en numerosos festivais nacionais e internacionais de Teatro. En 2016, Teatro do Atlántico recibiu o Premio da Crítica de Galicia no apartado de Artes Escénicas. A celebración permitirá volver ver sobre as táboas algunhas das súas producións dos pasados anos, unha oportunidade non sempre doada de recuperar teatro ao vivo. A posta en escena de Helena: xuízo a unha lurpia, de Miguel del Arco, será a que abra a celebración no Salón Teatro de Santiago de Compostela o xoves 1 de outubro; o venres día 2, A conquista da escola de Madhubai, de Hèléne Cixous, e o sábado 3, Dúas donas que bailan, de Josep María Bernet i Jornet. O domingo día 3 resérvase para o espectáculo-recital de poesía galega contemporánea de varios autores De abrentes e ocasos.
Dos espectáculos que a compañía propón para a súa celebración o máis recente é A conquista da escola Madhubai cuxa estrea tivo lugar este mesmo ano, en febreiro. Dúas donas que bailan estreouse en outubro de 2018, do mesmo ano pero uns meses anterior é o espectáculo De abrentes e ocasos, no que María Barcala, Aleixandre Lago e Xúlio Lago interpretarán poemas de varios autores galegos contemporáneos acompañados da música de Nani García. Helena: xuízo a unha lurpia é a produción con máis tempo das desta celebración, do ano 2016, a obra aborda o drama da personaxe da mitoloxía grega Helena de Troia, a filla de Zeus e Leda, esposa de Menelao e amante de Paris, interpretada por María Barcala. Helena diríxese reiteradamente ao público, cidadanía do século XXI, preguntando quen escribe a historia e rexeitando a maneira na que foi contada a súa vida.
As tres primeiras funcións desenvolveranse a partir das 20,30 h., mentres que o recital poético-musical do domingo será ás 18,00 h. O prezo da entrada para os tres espectáculos teatrais é de 10 euros, ou 6 euros no caso de contar con algúns dos descontos habituais. A súa venda anticipada realízase a través de Abanca ou no despacho de billetes do Salón Teatro dúas horas antes do comezo de cada función e ata completar a capacidade marcada en cada momento polas autoridades sanitarias (nestes momentos, 60 persoas para os recintos escénicos pechados de Santiago de Compostela). No caso do recital do domingo, a entrada será unicamente con convite.