Dezanove millóns permitirán consolidar investigadores nas Universidades

Educación presentaba hoxe convenios coas tres institucións

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia e Tecnoloxía
Compartir:

Arredor de 170 investigadores galegos continuarán o seu traballo nas tres universidades con contratos estables. Así o asegurou esta mañá Laura Sánchez Piñón, conselleira de Educación, na presentación de cadanseu convenio con estas institucións académicas. O seu departamento prevé investir ao longo dos vindeiros anos 19 millóns de euros para incorporar investigadores a estes organismos. Entre outras medidas a prol deste colectivo, Sánchez Piñón apuntou tamén que se recoñecerá o traballo de investigación nos plans de organización docente, e que en conxunto son setenta millóns de euros os que se destinan a investigación universitaria.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación

Claves

Conceptos