A Xunta investirá 3 millóns no I+D universitario

O Consello da Xunta aprobaba onte a sintatura de convenios coas tres universidades.

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Un convenio con cada unha das universidades galegas repartirá a partes iguais os 3 millóns de euros cos que a Consellaría de Educación quere apoiar os "gastos de
equipamento dos grupos e melloras nos centros de investigación". O Consello da Xunta aprobaba onte esta partida de apoio á Investigación e Desenvolvemento das universidades galegas, que se integra no Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015 (Plan I2C). Co investimento, Educación pretende que os centros de investigación das universidades se convertan en "centros de referencia e excelencia na produción científica".

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación

Claves

Conceptos