A Xunta achega fondos para estabilizar 22 investigadores

As universidades recibirán 2.800.000 euros para os contratar durante tres anos

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

Contratar 22 investigadores durante tres anos. Este é o obxectivo do convenio que acaba de asinar a Consellaría de Educación coas tres universidades galegas e para o que se destina un total de 2.783.447 euros. A iniciativa pretende, segundo a Consellaría "favorecer e consolidar o acceso do persoal posdoutoral ás universidades galegas", compartindo coas universidades os gastos de contratación. Educación sinala que este é o terceiro ano que se asina este convenio, e que ao abeiro do mesmo contratáronse neste período 60 investigadores procedentes do programa Isidro Parga Pondal.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Isidro Parga Pondal, Consellaría de Educación

Claves

Protagonistas
Conceptos