Sánchez Piñón dille aos equipos de normalización que a avaliación do decreto correspóndelle á inspección

Educación no camiño

“É unha cuestión que compete á inspección educativa”. Esta foi a resposta que ofreceu a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, aos 190 equipos de normalización lingüística que ameazaron con dimitir de non se cumprir o decreto do galego. Con respecto á educación, esta fin de semana tamén se fixeron públicos os datos do Ministerio competente que fai fincapé no gasto por alumno en niveis non universitarios. Un informe que di que os 5.497 euros por pupitre que se invisten en Galicia convértennos na sexta comunidade do Estado neste sentido.