Proxectos de biomedicina, química, software e ciencias do mar benefícianse das novas axudas á investigación

Educación avanza os resultados da convocatorias do programa de investigación

As investigacións da universidade galega deben estar máis ordenadas e promover un maior impacto na súa relación co mundo empresarial. Seguindo estas dúas premisas, a Consellaría de Educación convocou este mes de agosto as súas liñas de axudas ao programa de consolidación de unidades de investigación competitiva. A titular do departamento, Laura Sánchez Piñon, avanzou esta mañá os resultados, que sairán publicados no diario oficial (DOG) proximamente. Entre os datos achegados, Sánchez Piñón anunciou se levan investido máis de 21 millóns dos que se beneficiaron 134 grupos de investigación que engloban a 900 científicos. Ademais, proxectos de biomedicina, química, software e ciencias do mar benefícianse das liñas de axudas para “agrupacións estratéxicas” creadas este ano.