Son novos, teñen unha concepción diferente do que debe ser educar en arte e queren demostralo. Este é o marco no que se moven VÃctor V. Pérez e Daniel López Abel, coordinadores do proxecto Ponlle nome, unha experiencia educativa que pon o aceno na participación crÃtica do público. Durante 17 sesións converterán a Igrexa da Universidade (Santiago de Compostela) nun gran espazo de debate no que todos os participantes reflexionarán sobre a creación colectiva, a perspectiva da cultura libre ou o copyleft. VÃctor Pérez, un dos coordinadores sintetiza neste audio as claves dun proxecto que tamén conta cun sitio web.