O castro de Santa Tegra e as murallas de Lugo abren a serie que selecciona os 25 fitos da cultura galega

O xornal Galicia Hoxe repartirá diariamente cada fito a partir do 6 de decembro

5/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
39 lecturas | Compartido 0 veces
¿Cales son os fitos da cultura galega? O Consello da Cultura Galega fixo o esforzo de seleccionar os acontecementos máis representativos da nosa cultura polo seu impacto e proxección da nosa historia. Os vinte e cinco fitos, redactados por Suso Fandiño e Alfonso Mato, difundiranse diariamente no xornal Galicia Hoxe en formato coleccionable. A serie comeza mañá, seis de decembro, co Castro de Santa Tegra e coas Murallas de Lugo como o primeiro acontecemento histórico na Galicia antiga e altomedieval. O proxecto fai parte do conxunto de actividades que o Consello da Cultura Galega promove co gallo das súas vodas de prata.
Os 25 fitos da cultura galega están agrupados en seis períodos cronolóxicos. I. GALICIA ANTIGA E ALTOMEDIEVAL 1. O fogar de Breogán: A Galicia dos castros. O fito: O castro de Santa Tegra. 2.Romanización e latinización. Fito: as murallas de Lugo. 3. Galicia Sueva. O fito: Martiño de Dumio. 4. A floración dos mosteiros. Fito: San Rosendo. II. GALICIA MEDIEVAL 5. Xelmírez, señor de Compostela. Fito: A Historia Compostellana. 6. Do Románico ao Gótico: Fito: O pórtico da Gloria. 7. O nacemento do idioma galego. Fito: Cancioneiros Trobadorescos. III. GALICIA MODERNA 8. Humanismo: A Universidade e a imprenta. Fito: A fundación da Universidade de Santiago. 9. O barroco en Galicia. Fito: A fachada do Obradoiro. 10. Ilustración en Galicia. Fito: Sarmiento, un ilustrado galego. IV. GALICIA DECIMONÓNICA 11. O nacemento da prensa periódica. Fito: "El catón compostelano". 12. Erudición e historia: Murguía e o galeguismo. Fito: A historia de Galicia de Manuel Murguía. 13. A lingua e a literatura: o Rexurdimento. Fito: "Cantares gallegos". 14. A ciencia en Galicia. Fito: O mapa de Fontán 15. A cultura popular. Música e Folclore. Fito: O Himno Galego. V. GALICIA 1900-1950 16. Cultura e conciencia de Nación. Fito: A Revista Nós. 17. Ensino, universidade, investigación. Fito: O Seminario de Estudos Galegos. 18. O movemento renovador da arte galega. A revista "Alfar" 19. Galicia emigrante. Fito: A revista "Galicia emigrante" VI. GALICIA DE 1950 A HOXE 20. A cultura do exilio. Fito: O "Sempre en Galiza" 21. O libro e industria editorial. Fito: A editorial Galaxia. 22. Os novos medios de comunicación. Fito: A CRTVG 23: As artes. Fito: O Laboratorio de Formas de Galicia. 24. Universidades, investigación e cultura tecno-científica. Fito: A creación das novas universidades 25. Sociedade e cultura. Fito: o Consello da Cultura Galega.

Universo culturagalega.gal