Os acordos interculturais baseados no diálogo han de ser os piares nos que se asenta a democracia. Este é un dos aspectos nos que coincidiron os reladores do foro Cultura e polÃtica que se desenvolve ata hoxe no Consello da Cultura Galega. Pero os participantes tamén alertaron da necesidade de ser cautelosos no uso da dimensión étnica da cultura. O encontro pecha os ciclos de debate organizados pola institución para conmemorar o seu aniversario. Unha efeméride que ten especial protagonismo porque hoxe se cumpren 25 anos da posta en marcha efectiva da institución con Ramón Piñeiro como presidente. No marco das actividades desta celebración, Galicia hoxe difundirá un coleccionable que recupera os 25 fitos máis relevantes da historia de Galicia polo seu “impacto e proxección cultural”.