María Xosé Queizán presentou Ten o seu punto a fresca rosa, a súa última novela

Rosas frescas

A escritora María Xosé Queizán presentou onte na librería Couceiro de Compostela Ten o seu punto a fresca rosa, unha novela sobre a autoafirmación dunha muller educada para a sometemento e en contra do concepto de amor coma entrega.


Feminismo






A formación feminista de María Xosé Queizán deixase sentir nunha novela que aborda os conflictos de xénero de clase que se dan en tres mulleres no Vigo dos oitenta, nunha narración que oscila entre a novela policiaca, a psicolóxica e a ideolóxica. Queizán rebélase na súa novela contra a idea de que as mulleres cun nivel económico superior teñen máis posibilidades dun maior nivel de liberdade.












Presentación



No acto realizado onte na librería Couceiro de Compostela estivo presetne Manuel Bragado, director de Xerais que definiu a autora como "escritora total". Tamén fixo acto de presencia o escritor Gonzalo Navaza, que destacou a necesidade de defender a literatura de sentimentalismos.