Educación quere ampliar a apertura de centros fóra do horario lectivo

A metade dos concellos do país participan deste programa

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Empregar os centros de ensino fóra das horas de clases para desenvolver actividades extraescolares e de dinamización social. A Consellaría de Educación iniciou o pasado ano este programa de xeito xeneralizado, e agora pretende amplialo abrindo os colexios públicos tamén en vacacións. A conselleira, Laura Sánchez Piñón, facía onte balance desta iniciativa, destacando que se está a desenvolver na metade dos concellos do país e que afecta a 111.000 familias. En total, prevese un investimento de 3 millóns de euros para facilitar a dipoñibilidade destes espazos.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Consellaría de Educación, Ensino

Claves

Conceptos
Lugares