Juan Montes fundou o Orfeón Lucense hai 123 anos para difundir a música sacra. E en 1982 este organiso sufreu unha reestructuración co que pasou a ter unha escola de Canto que leva o seu nome e que agora sostén o Orfeón. Este ano cúmplense 20 da súa refundación, e o organismo celébrao abrindo un local social e celebrando o III Encontro Internacional de Música Sacra. Un evento que servirá de punto de encontro decatro corais chegadas de diferntes paÃses. E no panorama musical temos outras citas e todas elas na Coruña. E que a cidade herculina acolle hoxe ó acordeonista de Flaco Ximénez no Palacio da Ópera e mañá a Antonio Foglioani na Orquestra Sinfónica.
Música sacra
Os vinte anos da refundación do Orfeón lucense celebraranse por todo o alto. Concretamente coa apertura dun local social no que celebrar as súas actuacións. E mentres ese local non pecha, o Orfeón celebrará o seu Encontro Internacional de Música Sacra no CÃrculo das Artes de Lugo. Un evento no que participarán a EscolanÃa José Castiñeira de Lugo, a Coral Madrileña Ciudad Lineal e a Coral de Santa Ana da localidade portuguesa Oliveira do Hospital. Un Encontro no que cada unha das catro corais interpretará entre sete e nove pezas, que suporá entre vince e vintecinco minutos de actuación que logo formará parte dun disco que será editado por Sons Galiza.
Neste festival o que se pretende é ofrecer un repertorio que ofreza música sacra entendida no seu sentido amplo, que vai desde a Idade Media - época de esplendor deste tipo de música- ó momento actual. Entre o repertorio previsto para o Orfeón estarán pezas de Alfonso X, Desprez, De Victoria, Pitoni, De Marzi e Moreno Fuentes.
Acordeón en Coruña
Esta noite ás 21:00 horas aterrará no Pazo da Ópera da Coruña a música Tex Mex. E faino da man dun dos seu grandes músicos, o acordeonista Flaco Jiménez, que chega para amosar o seu saber facer que o ten galardoado con cinco premios Grammy. O concerto está programado dentro do ciclo "Música con RaÃces" organizado polo Instituto Municipal de Cultura e Espectáculos e patrocinado por Caixanova. O mexicano estará acompañado ó baixo por Ricky Hains e o saxo e a trompeta de Hemk Kiekkiek.
Flaco Jiménez é a principal imaxe da Música tex-mec, unha variedade musical orixinada no sur de Texas (na área de San Antonio). Un estilo que ven da polca e dos vals que introduciron en Mexico emigrantes europeos (principalmente nórdicos).
Fogliani na Orquestra Sinfónica
E esta noite os que se acheguen a ver a Flaco Jiménez poderán mercar as entradas para o concerto da Sinfónica de Galicia que terá lugar mañá. Un concerto que contará coa dirección de Antonino Fogliani, director da Orquestra Fundación Arturo Toscanini. O repertorio que ofrecerán mañá no Pazo da Ópera a parties das oito e media da tarde é a SinfonÃa n º1 de Beethoven e a SinfonÃa nº1 de Brahms.
O espectáculo está organizado polo Concello da Coruña e a Orquestra Sinfónica de Galicia.