O parador de Santo Estevo de Ribas de Sil acolle entre os días 6 e 8 de novembro o Encontro Internacional Waterscapes Ribeira Sacra. Esta iniciativa que coordina a Xunta de Galicia pretende servir para o relanzamento da candidatura para declarar esta área como Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO. O programa conta precisamente coa presenza de varios cargos deste organismo internacional e mais do ICOMOS, a organización internacional que asesora a UNESCO sobre cuestións patrimoniais.
Segundo anunciou o presidente Alfonso Rueda, no encontro "avanzaranse detalles novos" sobre a proposta galega. Nese sentido, o programa do evento inclúe a "Aprobación da Declaración de Ribeira Sacra sobre paisaxes da auga: unindo o pasado co futuro". A cita está aberta ao público e poderá seguirse tanto de xeito presencial como telemático.
O web do encontro indica que a iniciativa pretende "fomentar o recoñecemento do valor e da importancia das paisaxes culturais da auga, especialmente en ámbitos fluviais", "enfrontar os desafíos relacionados coa preservación, o uso e a xestión dos paisaxes da auga e do patrimonio hidráulico asociado, tendo en conta os numerosos servizos e beneficios que ofrecen os paisaxes fluviais, incluíndo os cultivos, a enerxía hidroeléctrica, o transporte, o turismo ou os hábitats de importancia natural", ou "recoñecer iniciativas relacionadas coa investigación, a protección e promoción do patrimonio cultural ligado coa auga e os seus aspectos materiais e inmateriais, e examinar a relevancia dos sistemas de gobernanza tradicionais á hora de garantir a xestión sostible da auga no futuro".
Outros obxectivos de Waterscapes son "impulsar novas vías de diálogo entre profesionais da auga, a cultura, o medio ambiente e os responsables do patrimonio", "recoñecer casos de estudo e boas prácticas de xestión" e "reforzar o papel dos sitios da UNESCO e doutros programas internacionais e europeos na preservación dos paisaxes culturais da auga e do patrimonio hidráulico".
No programa atópanse diferentes nomes vencellados ao ICOMOS e mais á UNESCO, como António Abreu, (Director da División de Ciencias Ecolóxicas e da Terra da UNESCO), Henk P. J. van Schaik (Vicepresidente Honorario do Comité Científico Internacional ICOMOS Auga e Patrimonio), Abou Amani (Director da División de Ciencias da Auga e Secretario do Programa Hidrolóxico Intergubernamental da UNESCO), María del Pozo (Secretaria Xeral da Alianza de Paisaxes Culturais e Lugares Afíns Patrimonio Mundial), Jurn Buisman (Secretario Xeral de ICOMOS), ou o asesor de ICOMOS Michel Cotte, entre outros.
Canda a estes, o encontro conta con diferentes especialistas internacionais sobre paisaxes da auga e a súa importancia patrimonial e mais representantes de diferentes iniciativas de dinamización deste tipo de espazos. Entre as persoas participantes atópanse nomes galegos como o enxeñeiro Carlos Nárdiz, que abordará "os valores das paisaxes da auga transformados polas presas", o responsable de Iberdrola na bacía do Sil Miguel Ángel López García, ou o xeógrafo Rubén Lois, que participará nunha mesa sobre "A auga como elemento transformador da paisaxe".
Alén das intervencións científicas, o encontro inclúe un concerto de Camerata Arven que interpretará a peza Archimedes's Dreams, do compositor Evan Fein. Como feche do Waterscapes, Mario Vázquez Carballo, Deán Presidente do Cabido da Catedral de Lugo, realizará unha "cerimonia da auga".
O Consello da Xunta deste 2 de novembro acolleu un informe a compilar "a actividade feita polo Executivo autonómico desde o ano 2017 para estudar, mellorar, recuperar, rehabilitar e divulgar diferentes monumentos no marco da candidatura deste territorio a Patrimonio Mundial da Unesco". No mesmo cífrase en 7,2 millóns de euros o investimento autonómico na zona en acción vencelladas a esta candidatura.