Durante moitos anos o Jazz en Galicia tivo un nome principal. O Dado-Dadá. Detrás deste curioso topónimo escondíase un local no ensanche Compostelán que se converteu en punto de encontro ineludible para os amantes deste estilo musical. Este ano o local celebra os seus vintecinco anos nun panorama no que, se ben existen novos espazos para este ritmo, o Dado continúa a ser un referente para saber o que se coce nestas notas.
Podería ser un local máis, pero este soto de chan xedrezado non naceu con esa vocación. Nun momento no que facía furor a música popular e chegaban ao noso país as estridencias do punk, o dezaseis de febreiro de 1980 abría as súas portas un local centrado no jazz e cunha decoración que parecía tirada dun filme dos anos corenta. A viabilidade dun recanto dedicado ás variedades deste ritmo sempre para minorías parecía complicada en Galicia. No entanto, son xa vinte e cinco os anos que botou este espazo na Rúa Alfredo Brañas de Santiago de Compostela mantendo un facho o que se foron adherindo, nos últimos anos, diferentes locais en Galicia. Tratábase de facer algo diferente, e penso que esa foi precisamente a razón do éxito, explica Carmen Eixo, unha das promotoras do local.
Un nome con moitos nomes
Todo afeccionado ao jazz en Galicia, cando menos os que aprezan escoitar jazz en vivo, sabe da existencia do Dado. Cada martes unha jam session reúne no lugar algúns dos músicos máis destacados deste campo en Galicia, e unha nutrida programación de concertos achega ao lugar aqueles solistas e formacións que se encontran de xira polo noso país. De feito o local participa dos circuítos que o Instituto da Xuventude (INJUVE) creou para o lanzamento de novos músicos, e tamén nas xiras de "Artistas en Ruta" (AIE). Wolfgan Haffner, Javier Ruibal e Tito Alcedo, Paloma Berganza, Barri Harris, Raimundo Amador, Abe Rábade Trío ou o Telmo Fernández Trío son algúns dos nomes que se teñen achegado nos últimos anos. Os concertos son esporádicos e non teñen unha data fixa, ao non ter unha axuda económica estable e suficiente temos que aproveitar cando veñen artistas destacados a facer algunha outra actividade en Galicia para convidalos a que se acheguen ao local, explica Eixo.
Outros ritmos e maxia
Aínda sendo o jazz o elemento predominante, a programación do Dado amosa unha ampla variedade. Ao ser esta unha música minoritaria, tentouse ao comezo acoller outros estilos que non tiñan xeito de se escoitar en directo. Deste xeito houbo concertos de música clásica e mesmo folk, explica Carmen. Onda a estes estilos a canción de autor, o teatro, os contacontos ou as presentacións de libros e de discos teñen o seu espazo neste lugar. A maxia conta tamén cunha nutrida representación no club, xa que este é o punto de reunión semanal para os prestidixitadores de Compostela. A presenza dos magos no club foi en realidade por iniciativa de Carlos (Asorey, o outro responsable do local), sinala Carmen. é afeccionado á maxia e ten amizade con algúns dos máis destacados ilusionistas do Estado. Deste xeito nomes coma Juan Tamariz, Antoni Blake ou Pepe Carrol teñen actuado neste soto, que se transformou así, como sinala a responsable do local, nunha auténtica escola de maxia.
Garda a música no tempo
No seu empeño por popularizar ao máximo este xénero musical, os responsables do club teñen desenvolvido diferentes propostas. Entre as moitas iniciativas culturais nas que teñen colaborado, un dos pasos máis innovadores foi a creación en 1999, dun selo musical propio. Dado-Dadá Records nacía coa intención de converter a música en directo que enche o local en produtos discográficos. Etnofonías do Pedro Iturralde Quartet é o título que abre esta colección. temos pensado continuar, pero precisamos realizar algunha pequena reforma no local para evitar ruídos do exterior. Cando gravamos o primeiro álbum a rúa estaba en obras e non había este problema, explica Carmen. Noutro xeito de achegar o jazz a quen non se pode achegar ao club, hai xa un ano que o web do local oferta a transmisión en rede dos concertos que se celebran nel, ademais de achegar neste mesmo soporte gravacións das máis recentes jam sessions que se puideron escoitar no recinto.
Do soto para fóra
Ademais da música que se pode gozar dentro propio local, o Dado actúa desde os seus comezos coma un centro difusor do jazz. Entre outras actividades, puxo en marcha o ciclo Galicia Cinco Estrejazz que desde hai xa cinco anos achega diferentes artistas ao local. Tamén estivo o Dado detrás de iniciativas coma o Compos Jazz Festival que se celebrou en Santiago en 2004. Foron un concertos que tiveron moito repercusión, e xa estamos a traballar na seguinte edición, asegura Carmen. O traballo desenvolvido para popularizar o jazz parece ter conseguido algún efecto no panorama galego. Á lenta pero real creación de novos locais con esta orientación súmase un certo incremento da afección. Hai máis movemento neste campo, veñen músicos doutras cidades e cando se encontran aquí sorpréndense de que exista algo así, sinala a responsable do local.
No aniversario
Seguindo nesta liña, para celebrar este cuarto de século de Jazz, o club organiza un grande concerto no Auditorio de Galicia o vindeiro vinte de maio, un evento que os organizadores agardan que reúna máis de mil persoas e para o que queren traer destacados nomes do panorama jazzístico. Cremos que o máis importante son os clientes, sen eles o Dado non sería nada, e queremos que estean connosco o maior número posible, explica Carmen. No día seguinte, os oíntes da Radio Clásica (RNE 2) poderán compartir o aniversario cun programa de tres horas que se emitirá en directo desde o local a partir das dez da noite e será conducido polo especialista en jazz da cadea Juan Claudio Cifuentes. Fóra destes días, as actividades de celebración prolongaranse durante todo o ano coa recuperación de nomes xa clásicos do local. Entre os proxectos aínda sen definir completamente está a edición, ben impresa ou ben en formato multimedia, dunha publicación que recolla os actos cos que se celebra este aniversario. Os proxectos, coma a música, non paran. O jazz en escenario é unha escola diaria, e non pode ser noutro xeito, conclúe Carmen.