Ten quince anos, é apenas unha adolescente pero xa ten interpretado obras de Mozart, Wagner e Shostakovich, entre outros. É a orquestra residente do festival Rossini en Pesaro (Italia) e sostén todos os anos na Coruña o Mozart e o da Ópera. A Orquestra Sinfónica de Galicia está de aniversario e faino poñendo os ollos na proxección internacional do seu proxecto. Un traballo que ten un nome propio: o de VÃctor Pablo Pérez.
Está a piques de concluÃr o programa co que a Orquestra Sinfónica de Galicia festexa os seus quince anos de existencia pero xa empezaron con esta edición do Festival Mozart. Malia esta carga de concertos e ensaios diarios, a formación que dirixe VÃctor Pablo Pérez xa apunta cara un novo reto musical: a interpretación do “O anel do nibelungo”. Unha saga ("O ouro do Rin", "A valquiria", "Sigfrido" e "O ocaso dos deuses") que a Richard Wagner lle levou vinte anos compoñer e que VÃctor Pablo pretende levar á escena nos vindeiros tres anos. Son só algúns dos retos dunha orquestra que con tan só quince anos, xa ten un currÃculo destacado ás súas costas.
Un camiño nota a nota
Pero a OSG non foi sempre unha orquestra de renome. Para chegar á situación actual o seu director, VÃctor Pablo Pérez, recoñece que non foi un camiño doado. “A primeira etapa foi moi difÃcil, eu cheguei un ano despois da súa creación e nese momento houbo que facer cambios, renovar contratos e estabilizar aos profesionais, facer un incremento de 75 a 85 músicos... en resumidas contas, houbo que estruturar o gran esqueleto dunha orquestra sinfónica. A partir de aà creáronse os proxectos paralelos que son tan importantes como a propia formación”. VÃctor Pablo refÃrese ao Festival Mozart e ao Festival da Ópera, asà como á creación da “Xove Orquestra” e aos tres coros. Un proxecto que o director resume nun “non é unha orquestra que só dá concertos, senón que os músicos traballan dun modo fantástico se incorporaron no tecido social para crear unha orquestra nova. Esto, que pode parecer complementario, non o é, xa que por fin estes músicos poden ver que hai futuro, que hai traballo e un obxectivo polo que estudar, sacrificarse e loitar”. Un traballo que VÃctor Pablo desenvolveu pouco a pouco que xa é de referencia en todo o paÃs e que está moi ben visto no resto de Europa. “Creo que fixemos moito máis que o que é unha orquestra e soubemos implicarnos na vida da sociedade galega”, apunta.
Recoller o sembrado
Pero a boa recepción da que fala VÃctor Pablo Pérez ao referirse ao proxecto da Orquestra Sinfónica de Galicia (OSG) non se esgota no traballo dos músicos. De feito, este director canario afincado en Galicia desde hai moitos anos destaca “todo isto é posible pola madurez de todos: público, músicos e o propio teatro”. Por isto, na programación preparada para conmemorar o quince aniversario da creación da OSG, pretenderon homenaxer á Academia Galega de Belas Artes, á Sociedade Filharmónica e aos Amigos da Ópera da Coruña. “Basicamente porque son as sociedades que mantiveron o impulso cultura nesta cidade antes da OSG, e cando esta apareceu necesitabamos encontrarnos todos unidos na música que non é para uns poucos, senón para todos”, apunta VÃctor Pablo. Ademais, o director quere facerlles a estas sociedades históricas do panorama musical coruñés un aceno para iniciar no futuro colaboracións no campo da música de cámara.
O futuro
O proxecto deseñado por VÃctor Pablo Pérez e que pon en marcha desde hai uns catorce anos non está completo, senón que é lento, traballoso, e aÃnda lle quedan estadios que acadar. Neste sentido, o director explica que hai varias frontes nas que traballar. “O primeiro é medrar no plantel de sinfónica na medida que saian músicos formados desde a Xove Orquestra. A nosa intención é procurar ofrecer máis ciclos de cámara e, neste campo, a idea dun coro de cámara serÃa a culminación dun traballo continuado, e haberá que ver a posibilidade de poder cumprilo”. Trátase dun proxecto de gran envergadura para o que fan falta, non só medios económicos, senón tamén calidade suficiente para que a OSG siga a colleitar o éxito de crÃtica e público que a caracterizou desde case os seus inicios. De feito, VÃctor Pablo recoñece que esta é a base. “En canto a repertorio atopámonos que fan falta dúas cousas: en primeiro lugar, reformar o foxo da orquestra que resulta moi pequeno e, pola outra parte, atopar bos directores de escena que poidan achegar ideas novas. Sobre todo para poder levar a cabo a tetraloxÃa de Wagner”.
Polo demais, a OSG xa ofreceu concertos en Alemaña e Austria, paseouse por toda a xeografÃa nacional en todos os grandes festivais e un das súas metas é incrementar a presenza da sinfónica no estranxeiro. “A xira sudamericana que nos levará a Chile, Arxentina é dunha enorme importancia porque actuaremos como embaixadores culturais. Tan pronto como volvamos inauguraremos a temporada aquà e, inmediatamente, marchamos a Alemaña. Nos vindeiros anos haberá un incremento importante da presenza da OSG fóra”. Un calendario apuradÃsimo que na opinión do seu director, servirá para dar a coñecer o nivel de progreso desta formación.
Unha orquestra de Galicia
A OSG acaba de editar unha publicación que fai unha relación das obras interpretadas pola formación. Nese exemplar hai unha relación duns setenta compositores galegos, tanto vivos como xa falecidos. “É un feito que non é habitual” apura a explicar VÃctor Pablo que asegura que “o ano que vén haberá unha presenza moi importante na programación de compositores galegos”. No mesmo momento que fai esta aseveración o director tamén matiza que só se representarán obras dunha certa calidade técnica e un proxecto sólido. “A unha orquestra profesional non se lle poden conceder bosquexos de afeccionados, de estudantes das primeiras etapas, explica VÃctor Pablo, estamos a elixir cuidadosamente estas obras e estanse a programar para poder dar a coñecer o traballo dos compositores actuais”. Por último, o director conclúe que “o que se fixo é moito máis do que poida parecer porque non só nos encargamos de facer estreas, senón que tamén estamos a solicitar encargos (concertos sinfónicos, programas didácticosÂ…) e seguirase con esta liña de traballo”. Un camiño que lle augura unha larga vida de éxitos a esta nova pero madura orquestra.