Debuta na Coruña a Orquestra de Mulleres da Sinfónica de Galicia

Intégrase dentro da programación do Festival Mozart

14/6/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

No marco da programación do Festival Mozart o teatro Colón acolle hoxe o debú da Orquestra de Mulleres da Orquestra Sinfónica de Galicia. Creado para facer valer a presenza feminina na formación coruñesa, equipárse a outras formacións musicais do resto de Europa que conta con proxectos artísticos deste tipo. O grupo está liderado pola violinista rumana Lucica Trita e debutará cun programa que inclúe obras de Corelli, Mozart, Rossini e Mendelsson.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Mulleres, Festival Mozart, A Coruña...