A partir dunha exposición na Semana da Ciencia, o Herbario SANT, da Universidade de Santiago de Compostela, decidiu pór na rede unha mostra dos seus fondos. Mediante imaxes en alta resolución, os internautas poden acceder a un grande nivel de detalle de especies vexetais dos principais hábitats de Galicia. Para alén de verlle as partes á flor do toxo, esta aplicación anima aos usuarios a achegar o seu coñecemento sobre os nomes das plantas. Achegamos unha mostra, a tamaño reducido, do que podemos atopar nesta aplicación, cunha especie de cada un dos hábitats que se recollen no Herbario Virtual.
Segundo explica Javier Amigo, director do centro, "os nomes tradicionais son un coñecemento que se vai perdendo segundo se perden empregos das plantas". Con esta iniciativa, o Herbario agarda ir complentando aos poucos as denominacións que en diferentes lugares se lles poida dar a unha mesma especie.
A intención do centro de cara ao futuro é "contar cun foro permanente, un espazo de consulta no que ademais se poidan programar actividades con alumnos. Na medida en que a xente nos visite agardamos que se poida ver a utilidade desta ventá aberta á botánica, e que os propios usuarios acheguen novas suxestións sobre qué se poderÃa achegar".
O proceso para conseguir o detalle co que se poden ver as plantas, segundo explican desde o Herbario, pasa por dividir cada unha das imaxes dun exemplar e múltiples fotografÃas que se sirven ampliadas segundo a escolla do usuario. Por exemplo, a imaxe dun trébol está dividida en nada menos que 637 imaxes. Un complexo traballo que nos permitirá, de xeito simple, coñecer un pouco mellor as plantas que nos rodean.