A Deputación de Lugo anula os proxectos turísticos para a Cova do Rei Cintolo

Dosier: Cova do Rei Cintolo

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Os polémicos proxectos de acondicionamento da Cova do Rei Cintolo para visitas turísticas serán anulados hoxe pola Xunta de Goberno da Deputación de Lugo. A institución chegou a un acordo co Concello de Mondoñedo e mais coa Federación Galega de Espeleoloxía para retirar estas propostas e proceder á reapertura da cova. Este conxunto natural estaba fechado desde hai dous anos por mor dunha orde xudicial que obrigaba a suspender as visitas. A data final de reapertura queda agora en mans do Concello, que anunciou xa que solicitará a declaración de Monumento Natural para esta cavidade. Coñece a complexa polémica encol da cova no noso Dosier.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Concello de Mondoñedo, Culturagalega