Piden que a Cova do Rei Cintolo sexan Monumento Natural pola súa fauna

Os crustáceos do Cintolo

A Federación Galega de Espeleoloxía (FGE) vén de solicitar que a Cova do Rei Cintolo de Mondoñedo sexa declarada Monumento Natural. Ademais, solicitan que a conca do veciño río Valiñares e o seu contorno pasen a ser Espacio Natural. Entre os argumentos para esta declaración, os espeleólogos salientan a existencia na zona de varias especies animais protexidas entre as que se atopa un crustáceo único no noroeste peninsular. A declaración de Monumento Natural para a cova impediría a realización do plano de explotación turística que quere pór en marcha o Concello de Mondoñedo nesta cavidade.

Fauna particular


A existencia de especies animais protexidas, sumada á importancia xeolóxica e arquelóxica da Cova do Rei Cintoloé un dos principais argumentos esgrimidos pola Federación Galega de Espeleoloxía para solicitar que o conxunto sexa declarado Monumento Natural.
Entre as especies animais que viven no contorno, os espeleólogos destacan a existencia de varias especies de morcegos así como un crustáceo único no noroeste da península, o Iberobathynella Ortizi. Este animal, que foi descuberto en 1987 nos lagos da cova, podería verse afectado se se modifican as condicións acuáticas da caverna.
Ademais deste crustaceo, a Federación considera que se deben protexar as catro especies diferentes de morcegos que existen na cavidade.
Ademais, a FGE pediu a catalogación da conca do río Valiñares e da cova en sí coma zona de interese cultural.










A intervención


A FGE ten a disposición do público na súa páxina web o informe do Concello de Mondoñedo sobre a intervención na Cova do Rei Cintolo con vistas á súa explotación turística. Este informe sinala que "a posibilidade de interferencia co ecosistema da cavidade é practicamente nulo", e recomenda que as visitas turísticas se realicen en grupos máximos de quince persoas sen que participen máis de trinta grupos ó día.
Dentro da intervención na cova, o Concello prevé a construcción de pasarelas ancladas no chan e nas paredes e dunha plataforma onda o lago para permitir a súa contemplación. Á instalación de sistemas fixos de iluminación engadiríase a instalación dun circuito pechado de auga que reproducise constantemente o nivel freático que se dá na tempada de choiva e que permitise limpar o chan.
Ademais destas instalacións, o proxecto contempla a retirada dun bloque de pedra de máis de dous metros de ancho para permitir o acceso ó fondo da cova. Ademais seraríanse catro metros e medio dunha parede e eliminaríase o barro do chan.
Ademais das visitas do público xeral, prevese que parte das covas sexan accesibles só para grupos de espeleoloxía.