O Tribunal Superior de Xustiza paraliza as obras do Concello de Mondoñedo na Cova do Rei Cintolo

Cintolo parado

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A licitación das obras para o Plan de Explotación Turística da Cova do Rei Cintolo, en Mondoñedo, terá que ser paralizado por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Este órgano atendeu a demanda realizada pola Federación Galega de Espeleoloxía, que temía que a construcción dunha aula xeolóxica e dunha pista de acceso nas proximidades da cova afectasen ao interior das galerías. O tribunal demandou que se realice un estudio xeotécnico antes de licitar as obras. O proxecto de apertura ao turismo da cova leva varios anos creando intensa polémica entre o concello e os grupos que avogan pola conservación do conxunto. A cova foi declarada Monumento Natural o pasado ano por orde da Consellería de Medio Ambiente.

Máis información en El Progreso e nos nosos temas sobre o proxecto da cova

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Mondoñedo, Turismo, Culturagalega, El Progreso