As obras de acondicionamento interior da Cova do Rei Cintolo para o turismo terán que ser paralizadas por orde do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Esta sala decidiu aplicar as medidas cautelares solicitadas pola Federación Galega de EspeleoloxÃa, que considera moi prexudicial para a cavidade o proxecto de explotación turÃstica que propón o Concello de Mondoñedo. O Tribunal apunta que se deberán achegar novos estudos xeolóxicos e planimétricos do proxecto ao seren insuficientes os presentados polo momento, e reclama unha autorización da Dirección Xeral de Patrimonio para permitir a continuación das obras.
Máis información na edición de onte de El Progreso (en PDF) e nos nosos arquivos