A Xunta aproba as novas actuacións do Concello de Mondoñedo no exterior da Cova do Rei Cintolo

Avante Cintolo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O Concello de Mondoñedo presentoulle onte á Comisión de Patrimonio da delegación provincial de Cultura o novo proxecto para as obras que pretende realizar no exterior da Cova do Rei Cintolo. A nova proposta inclúe os estudios xeolóxicos e planimétricos que verifican que as obras do centro de interpretación e dos accesos que se construirán nas proximidades da cova non afectarán ao conxunto xeolóxico. Despois de que a comisión aprobase xa onte este proxecto, fica pendente que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que paralizara as obras pola falta destes estudios, lle dea o visto e prace para que poidan continuar as polémicas obras.

Máis información na edición de hoxe de El Progreso; na nosa noticia sobre a paralización das obras e nos nosos temas sobre a cova

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Mondoñedo, Culturagalega, El Progreso