Unha orde xudicial paraliza o programa de visitas guiadas á Cova do Rei Cintolo

Suspenso en visitas

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
As visitas guiadas que o Concello de Mondoñedo estaba a organizar desde o pasado mes de marzo á Cova do Rei Cintolo non poderán continuar polo momento. O Xulgado Contencioso Administrativo de Lugo ordenou a paralización deste programa ante a solicitude feita pola Federación Galega de Espeleoloxía neste sentido. Os espeleólogos consideran que a alta densidade de visitas, 2.000 persoas desde o comezo do programa, pode danar a cavidade. A Federación xa presentara unha denuncia contra o Concello que deu na paralización das obras de acondicionamento que a cámara municipal estaba a desenvolver na cova.

Máis información en La Voz de Galicia; na edición de hoxe de El Progreso ; máis sobre a espeleoloxía e mais a cova nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Concello de Mondoñedo, El Progreso, Culturagalega...