Polaqia publica a segunda entrega de Chu chu

A obra consta de 32 páxinas fotocopiadas

31/10/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
18 lecturas | Compartido 0 veces
Chu chu, a obra na que Kike Benlloch analizaba en forma de BD a situación do transporte ferroviario en Galicia ten xa segunda parte. O colectivo Polaqia anuncia que xa está dispoñible a obra, 32 páxinas fotocopiadas nas que o autor coruñés se encarga do debuxo e do guión. O libro, que costa 1,5 euros, foi realizado integramente a bordo de trens galegos entre agosto e setembro deste mesmo ano, e recolle desde un punto de vista persoal anécdotas, resumos de atrasos ou datos sobre os servizos. A obra, só dispoñible en galego, pode solicitarse a través do mail de Polaqia, e o autor anuncia a posibilidade de que saia unha terceira entrega ou un recompilatorio coas dúas xa publicadas.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Conceptos