Unha BD reúne a Castelao con Osamu Tezuka

Kike Benlloch e Fonso asinan In Memoriam

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa de In memoriam

Capa de In memoriam

A libraría coruñesa Alita Cómics lánzase á edición de BD coa obra In Memoriam. A historia, con guión de Kike Benlloch e debuxos de Fonso, presenta o hipotético encontro entre Castelao e o debuxante xaponés Osamu Tezuka, considerado o pai do manga. Na obra, os dous artistas intercambian ideas sobre a creación artística e a banda deseñada dese momento histórico. A publicación xurde como conmemoración do Día do Libro, o Día das Letras Galegas e mais dos dez anos da libraría. Cun total de 20 páxinas a branco e negro, a obra está dispoñible por correo a un prezo de dous euros de gastos de envío e distribúese de balde de xeito promocional na propia libraría.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Kike Benlloch, Guión, Banda deseñada...