Ourense contará un Centro de Interpretación para estudar a orixe da cidade

O proxecto complementarase cun Plan Estratéxico Termal que está a elaborar o concello

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ademais do Plan Director para a Vía Nova, a presenza da conselleira de Cultura en Ourense deixou tamén outras novidades. A máis inmediata é a resolución favorable do departamento que dirixe Ánxela Bugallo ao proxecto do Concello para crear un “bulevar, axardinamento, musealización e centro de interpretación sobre a orixe da cidade". Un programa que se integra no Plan Especial das Burgas, en fase de redacción. Estas medidas complementarán o Plan Estratéxico Termal que está perfilar o Concello.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ourense, Ánxela Bugallo

Claves

Protagonistas
Lugares