Cultura recuperará diferentes salas do Liceo ourensá e redactará o Plan das Burgas

Pola banda ourensá

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ánxela Bugallo, conselleira de Cultura, acudía hoxe a Ourense con tres citas na súa axenda. En primeiro lugar, presentar o convenio para a redacción do Plan Especial das Burgas. Un documento que marca os criterios de protección aplicables ao espazo delimitado polo conxunto, declarado Ben de Interese Cultural (BIC) hai un ano. En segundo lugar, visitou as obras de restauración da Capela do Cristo, na Catedral de San Martiño e, por último, presentou as reformas que o seu departamento vai realizar no edificio do Liceo. Cun orzamento de 170.000 euros preténdese recuperar o Salón Nobre e o Patio de Columnas deste centro que conta coa declaración de BIC singular.

Que che parece esta nova?
43 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, San Martiño, Ben de Interese Cultural, Catedral...