Ourense abre o prazo de información pública do Plan para As Burgas

A casa de Baños, a vella cadea e a calzada dos Pelamios son clave no proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Un hotel, un centro termal, un centro de interpretación, aparcadoiros, recuperación natural do río Barbaña, un paseo fluvial…. o proxecto do concello de Ourense ultima para o espazo das Burgas (declarado Ben de Interese Cultural) acaba de se presentar a información pública. O proxecto inicia así o trámite administrativo no que o concello pretende declararse propietario da parcela que, a día de hoxe conta con 6 propietarios, e para o que reserva 818.727 euros repartidos en tres paquetes para as indemnizacións pertinentes. O proxecto afecta á antiga prisión, os baños de Outeiro e a calzada dos Pelamios que son os espazos claves do proxecto.

Que che parece esta nova?
34 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ben de Interese Cultural, Concello de Ourense

Claves

Lugares