Comeza en Carballo unha nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro

O certame desenvolverase durante as fins de semana de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Esta tarde arrinca unha nova edición da FIOT, un dos festivais de teatro máis sólidos de Galicia. E comeza cos contadores de historias (Padre Merino, Pepo Suevos, Celso Fernández, Xosé Touriñán, Antón Coucheiro, Pepa&Davide...) que deixarán paso, a vindeira semana, a todas as actuacións propiamente teatrais. Das dez montaxes previstas destacan dúas estreas: Yllana que presenta Brokers e Joseph Collard Zic-Zag . Os italianos Teatro Delle Ariette presentarán a súa cea-espectáculo e o CDG levará A boa persoa de Sezuan. Un mes de teatro no que a FIOT cambia e deixa de ser temática para achegar unha escolma teatral para todos os gustos.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, FIOT, Carballo, Xosé Touriñán...