A Xunta aproba un decreto para axilizar o inventariado de bens patrimoniais

A medida xa aparecía contemplada na Lei de Patrimonio Cultural de Galicia do 1995

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Ata o de agora, incluír un ben no Inventario Xeral do Patrimonio Cultural de Galicia rexíase polo establecido na Lei de Procedemento Administrativo. Sen embargo, na Lei de Patrimonio Cultural xa se contemplaba buscar unha ferramenta máis áxil para regular ese proceso. Pois ben, o Consello da Xunta de hoxe aprobou un Decreto que regula de xeito específico este tipo de bens e que inclúe o modelo de ficha cos datos a incorporar, a súa situación xurídica e a documentación gráfica que acompañará a solicitude. Ademais o Inventario Xeral vaise estruturar, a efectos xurídico-administrativos, en bens inventariados, catalogados e de interese cultural (BIC).

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A ollada BIC

A ollada BIC

Analizamos o noso patrimonio a partir dos Bens de Interese Cultural declarados en Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lei de Patrimonio, Lei do Patrimonio Cultural, Ben de Interese Cultural