Deixou o MARCO para dirixir a Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais e Carlota Álvarez agora asume un novo reto: conseguir que Córdoba sexa elexida como capital cultural europea en 2016. Así o decidiu esta semana o padroado da Fundación Córdoba Capital Cultural despois dun concurso no que a galega Nuria Sanz tamén foi finalista. Este é o destino de Carlota Álvarez desde que hai case un mes Soledad López, a presidenta da Sociedade Estatal de Conmemoracións Culturais nomerara a José Luis Canido, tamén galego, como novo director de proxectos.