O teatro retoma en Santiago coa Mostra Universitaria e con Interescena 2002

Mostra de mostras

O teatro copa as programacións culturais de Compostela durante os vindeiros días. En primeiro lugar, o Auditorio da Universidade colle o testemuño deixado polos estudiantess de Lugo e de Pontevedra, con outra nova mostra de Teatro; e, por outro lado, o de afeccionado deixa paso ó profesional con Interescena 2002. Éo evento que serve para poñer no escenario como se desenvolven o nivel teatral doutras comunidades autónomas. Unha cita que comezará no Salón Teatro esta fin de semana coa madrileña Metatarso Produccións.

Santiago teatreiro


En primeiro lugar apareceu unha mostra universitarida da Universidade de Santiago en Lugo, que tivo unha notable acollida con respecto ás edicións anteriores. Logo os estudiantes ourensáns tomaron a revancha cunha programación que dura ata esta fin de semana e que é unha das mostras máis importantes na súa categoría en todo o estado español (tanto polo número de participantes, como polo número de estreas) e máis tarde chegaron os de Pontevedra cunha mostra que aínda está en curso. E os estudiante e actores afeccionados de Santiago non quixeron ser menos e deron lugar a outra nova Mostra de Teatro universitario na capital de Galicia. É a terceira e desenvólvese desde o pasado mércores en diferentes escenarios de Compostela. Dentro do cartel destaca "The little foxes" de Lillian Hellman que outro grupo universitario, Terrorismo en Fa Bemol, poñerá en escea esta tarde (ás 19:30 horas) no Auditorio da Universidade. A Mostra continuará aberta ata o vindeiro día 30 de abril e a diferencia das outras mostras de teatro universitario que se dan cita estes días, non ten carácter internacional, xa que a maior parte dos participantes son estudiantes da universidade compostelana.
Pero non é do único tipo de espectáculo que podemos gozar en Compostela esta fin de semana. Teatro de autor e de compañías ben coñecidas. E para empezar, a compañía madrileña Metatarso Producciones estará esta semana no Salón Teatro coa obra de Jean Luc Lagarce con "Estabas en casa y esperé que llegará la lluvia".

A Coruña de espectáculo


E o teatro segue a ser un dos eventos máis programados en toda Galicia. Sen ir máis lonxe A Coruña ten proximamente dúas citas importantes co teatro. A máis próxima no tempo é no Teatro Rosalía de Castro con "Las alegres comadres de Windsor" que recollen o ambiente isabelino gracias a unha dirección de escea moi conseguir ae uqe contará no reparto coa montaxe do escenógrafo e figurista Juan Pedro de Gaspar. E a segunda cita co teatro é "A tráxica historia do doutor Fausto" no mesmo Rosalía de Castro da man da "Teatro de ningures"
Pero non son as únicas funcións que se desenvolven en Compostela, xa que seguen a desenvolverse as iX Xornadas de Teatro Universitario e que se celebra no Forum Metropolitano no que se representará Europa de David Greig a cargo da Aula de Teatro da Universidade de Santiago.