Exhibición e debate únense en Santiago para evidenciar o pulo do teatro amador

O Teatro Principal acollerá as funcións e a Cidade da Cultura as xornadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O teatro afeccionado exhibirá o seu poderío do 9 ao 14 de decembro en Santiago cunha dobre actividade. Dunha banda está na celebración co décimo Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán que permitirá o pase de seis compañiás por riba do escenario do Teatro Principal. Da outra banda, durante os días 9 e 10, a Cidade da Cultura acollerá un foro no que representantes de federacións de diferentes comunidades autónomas estudarán como o teatro, e mesmo o afeccionado, é capaz de asentarse como realidade cultural, económica e de vertebración no século XXI. Ambas xornadas están organizadas pola Federación Galega de Teatro Afeccionado (que celebrará o seu décimo aniversario cunha exposición) co apoio de Agadic.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Cidade da Cultura de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais