Tres producións galegas están presentes nesta edición de Animadrid

O certame madrileño desenvólvese ata o 3 de outubro

26/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: espectaculos
6 lecturas | Compartido 0 veces
Animadrid é unha das mostras máis palpables de que a animación está a superar o tópico de que se trata dun xénero infantil. A sección oficial competitiva inclúe desde filmes sobre animais en perigo de exintición ata as peripecias de dous atolondrados turistas norteamericanos que chegan a Galicia non aptas para nenos. O certame comeza hoxe en Madrid e hai tres producións galegas no seu cartel: dúas na sección oficial competitiva (The Werepig e O pintor de ceos) e outra no apartado que da a coñecer unha visión contemporánea (A meiga chuchona).

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves

Conceptos
Lugares