É o festival de animación do Estado por excelencia, que pretende demostrar que este xénero non é só para os pequenos. Animadrid, o festival de Pozuelo de Alarcón, comeza en dous dÃas (do 24 de setembro ao 2 de outubro) e onte deu a coñecer o programa oficial. Na sección internacional competitiva destacan dúas producións galegas O soldadiño de chumbo e A nena que tiña unha soa orella. Pero non son as únicas, xa que Pérez, o rato dos teus soños, O lince perdido e O espÃrito do bosque fan parte do Ciclo de Cine Familiar. Nesta edición, Arxentina é o paÃs convidado e, ademais das proxeccións chegadas desde alÃ, haberá unha homenaxe a Walter Tournier e un repaso da animación do continente hispanoamericano (na sección Unha fiestra aberta: América do Sur).
Animadrid 09.Programación do festival internacional de animación de Pozuelo de Alarcón