A Foliada 2008 achega a Barcelona 3 días de actividades

Os actos desenvolveranse no distrito de Nou Barris

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Entre os días 3 e 5 de outubro a capital catalana será tamén un centro de cultura galega. A terceira da Foliada chega a Nou Barris, en Barcelona, propondo música, xantares, proxeccións audiovisuais e todo tipo de actividades nas que participan colectivos galegos e locais. Representantes de catro asociacións galegas integradas no proxecto, Aturuxo de Boiro, Palestina de Burela, Lucerna de Cerceda e Millo Verde de Redondela, presentaban esta mañá o proxecto no Clube Internacional de Prensa, en Compostela. Segundo explicaron, "o principal obxetivo deste proxecto e propiciar o intercambio dende realidades culturais periféricas" e as actividades articúlanse arredor de catro eixes que son a mobilidade, a defensa da lingua, a memoria historica e a defensa do territorio.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Barcelona, Asociacións, Burela, Cerceda...