Coas actuacións das bandas Cecina de León, Kings of the beach e SÃndrome del Norte, comeza hoxe en Redondela o XIIº Festival Alternativo Millo Verde. Desde hoxe e durante tres dÃas, ate o sábado, a Praia de Cesantes acollerá as constantes actividades paralelas asà como os numerosos concertos, dezasete en total, deste evento organizado pola Asociación Cultural Millo Verde. Tamén hoxe tivo lugar a presentación da Festa da Carballeira de Zas, unha das citas estivais musicais máis lonxevas do paÃs que organiza a A.C. Castro-Meda, que ven de presentar a que será a súas trixésima quinta edición a celebrarse, como sempre na primeira fin de semana de agosto na localidade coruñesa. No programa deste ano actuarán, xa sexa na sesión vermú, a partires das 14 horas, ou na sesión de noite a partires das nove, representantes da música folk galega asà como doutros xéneros e tamén bandas internacionais os dÃas 3 e 4 de agosto. A lista a conforman Pelepau, SES, Niamh Nà Charra, Fatty Farmers, Caxade, Os Farrapos, Cé Orquesta Pantasma, Foliada Tradicional, Xabier DÃaz e as Adufeiras de Salitre, Harmonica Creams, Mà nran e Astarot.
Presentación da 35 Festa da Carballeira de Zas
Presentación da 35 Festa da Carballeira de Zas