Unha das citas musicais de verán máis veteranas e de obrigada atención para todos os seguidores do folk cumpre este agosto a trixésima cuarta edición. O festival da carballeira de Zas ven de presentar o cartel completo para os seus dous días de celebración na localidade coruñesa. Entre o venres 4 e ao sábado 5 de agosto pasarán polo escenario da Carballeira nomes de primeiro nivel do folk internacional como Milladoiro, Gwendal e grupo de folk-metal, Korpiklaani . O cartel inclúe tamén a Pan de Capazo e Os Fillos do Estramonio, Radio Cos, Moxie e Rare Folk. Na sesión vermú do sábado actuarán Dequenvesendo, Fanfarria Takicardia e Cé Orquestra Pantasma. As entradas para os dous días contarán con un prezo reducido hasta o día 4 xullo, de tan so 12. A partir de esta data, o prezo será de 15.
O Festi Gal, a cita cultural a celebrar en Santiago os 24 e 25 de xullo organizada polas organizacións vencelladas ao Bloque Nacionalista Galego, Galiza Nova, e Fundación Galicia Sempre xa ten tamén a súa programación musical presentada para este ano. A XVI edición do FestiGal trae na véspera do Día da Patria Galega artistas como Guadi Galego, Nao, Raiba, Os Amigos dos Músicos e o grupo de rap de Ponteareas SonDaRúa, que resultou gañador da III edición do Concurso de Novos Valores do FestiGal. Para o día 25 contarase coas actuacións de Áureas presentando En Voga, un concerto-espectáculo de músicas dos anos 20 traídas aos nosos tempos. Rematará coas voces formación de música tradicional Tanxugueiras.