Nace en Burela o festival Osa do mar

O Millo Verde e a Romaría Pop presentan os seus programas

21/5/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Con Triángulo de Amor Bizarro, Guerrera, Grampoder, The Brosas ou Ataque Escampe confirmados, Burela celebrará os vindeiros 12 e 13 de setembro a primeira edición de Osa do Mar. O novo festival aposta pola música alternativa galega como eixe e pretende dinamizar o panorama cultural da Mariña. En paralelo, desde Redondela chega, entre o 5 e o 7 de xuño a oitava edición do festival Millo Verde. Breakin´ Bones, Blasted Mechanism, Caramuxo Vermello ou Maison du Malheur son algúns dos grupos que compoñen o cartel. Como é habitual, o evento compleméntase con actividades como a jam de graffiti ou o torneo de baloncesto.

Desde Compostela están a ultimar os detalles para a nova edición da Romaría Pop. O encontro celebrarase o vindeiro 14 de xuño. Ataque Escampe, Linda Guilala, Niño y Pistola, Fogbound, Puma Pumku, Demonhigh, Los Chavales, Aries e Apenino correrán coa parte musical do evento, que inclúe tamén un mercadiño e actividades no Parque de Belvís.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Burela, Pop, Triángulo de Amor Bizarro, Redondela...