Millo Verde celebra dez anos de festival

O Atlantic Fest da Illa de Arousa contará con Tindersticks, Xoel López ou Nacho Vegas

25/5/2016 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A Asocición Cultural Millo Verde celebra este ano unha década de traballo. E faino cunha edición especial do seu festival, repleta de actividades. Trouper´s Swing Band, Fame Negra, Chotokoeu, Gipsy Sound System Orkestra, Maison du Malheur, Pan de Capazo, The Marveltons ou Zibabu compoñen un cartel que se complementa cunha enchenta de actividades que inclúen deportes, recitais paralelos, graffiti ou propostas solidarias. Logo de vencer o IX Concurso de Maqueta, a banda The Soul Breakers subirá ao escenario a dar a coñecer o seu traballo no evento que se desenvolverá entre o 9 e o 11 de xuño e que mantén o seu carácter gratuíto.

Pola súa banda o Atlantic Fest, que substitúe na Illa de Arousa o Festival do Norte, confirmou polo momento a presenza de Tindersticks, Xoel López, Nacho Vegas, Alex Cooper, Be Forest e Niño de Elche para a súa primeira edición. O novo evento quere diseminar as propostas culturais por toda a illa entre o 1 e o 3 de xullo, e incluirá actuacións paralelas no mercado municipal, no auditorio ou en tascas.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xoel López, Atlantic Fest, Illa de Arousa, Arousa

Claves

Protagonistas
Entidades