A realidade de América Latina é o eixe principal dos VI Encontros de Mondriz-Balneario. Unhas xornadas que se desenvolven ata mañá e que contarán coa presenza do politólogo Jorge Verstrynge, dos xenerais en xefe de Chile –Juan Emilio Cheyre– e de Nicaragua –Javier Alonso Carrión–, do ensaÃsta cubano Iván de la Nuez e do xornalista peruano Luis Esteban González Manrique para achegar distintas perspectivas polÃticas, militares e socioeconómicas. Canda a isto Pedro Puy Fraga e mais Xosé Carlos Arias ofrecerán a óptica galega sobre esta cuestión. A gran ausencia deste encontro foi o profesor José Vidal Beneyto que, por motivos de saúde, tivo que suspender a súa conferencia, na que tiña previsto falar das polÃticas neoliberais.