O sociólogo e politólogo Luis Moreno analiza a crise do estado do benestar

O relatorio celébrase mañá mércores no CCG dentro do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s)

28/4/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
14 lecturas | Compartido 0 veces

Luis Moreno

Individualismo posesivo e Europa asocial é o título do relatorio co que o sociólogo e politólogo Luis Moreno participará mañá mércores ás 17:00 horas nunha nova sesión do ciclo O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), organizado polo Consello da Cultura Galega. Neste seminario interdisciplinar o profesor de investigación do Instituto de Políticas e Bens Públicos do CSIC analizará a crise do estado do benestar.
Luis Moreno Fernández, doutor en Ciencias Sociais pola Universidade de Edimburgo, tentará responder a cuestións como Cedeu a Europa social á Europa asocial?, Desvincúlanse os europeos do benestar dos seus concidadáns? entre outros temas vencellados ás transformacións da política social e o Estado do Benestar.

O convidado a este ciclo foi membro fundador do Instituto de Estudios Sociales Avanzados, precursor da Unidade de Políticas Comparadas e do actual Instituto de Políticas y Bienes Públicos. Honorary Fellow da Universidade de Edimburgo, tamén foi docente e investigador en diversas universidades europeas e norteamericanas, e Jean Monnet Senior Fellow no Instituto Universitario Europeo de Florencia.

O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s) é un seminario interdisciplinar sobre os significados da cultura no tempo presente que o Consello da Cultura Galega vén organizando dende 2007.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Lugares