Os museos do futuro xa están aquí

O teórico Serge Guilbaut alerta do risco para os museos da arte ante a crise económica

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

¿Como vai ser o museo do futuro? Aproveitamos a presenza en Santiago de destacados comisarios, artistas, críticos e investigadores no mundo da arte para preguntarlles cales van ser as claves nas que se teñen que mover os museos e centros de arte do futuro.

Serge Guilbaut, profesor de Historia da Arte na University of Britsh Columbia de Vancouver, o comisario de exposicións Juan de Nieves e a directora do Centre D´Art de La Panera estiveron presentes no marco do foro de debate Creación artística e identidades culturais que organiza o Consello da Cultura Galega para celebrar os seus XXV anos de existencia. Conversamos con eles sobre a situación e o contexto actual da arte desde o punto de vista do museo, do público e dos artistas. Hoxe, a primeira entrega: as claves dos museos do futuro.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Arte sen parte

Arte sen parte

A fenda entre a presenza de artistas masculinos e femininas na programación dos centros de arte da comunidade aínda é grande, con meritorias excepcións

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Juan de Nieves, Historia da Arte, Exposicións...