A Deputación de Lugo promove a recuperación do patrimonio inmaterial da provincia

As actuacións afectarán a varios entroidos tradicionais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Recuperar o patrimonio inmaterial da provincia de Lugo. Este é o obxectivo do programa que presentaba esta mañá Antón Dobao, vicepresidente desde organismo. Manifestacións coma o oso de Salceda, o entroido riberao de Chantada, as fachas de Taboada e Vilelos, as danzas da Fervela ou o meco de Quiroga, son algunhas das manifestacións que se traballarán neste programa. Segundo explicou Dobao, a iniciativa, alén de documentar estas tradicións, quere "pór en valor e difundir a singularidade de determinados elementos do patrimonio inmaterial que son descoñecidos por gran parte da poboación e que, ademais do seu valor etnográfico, teñen un enorme potencial como atractivo turístico”.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Entroido, Deputación de Lugo, Antón Dobao, Chantada

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares