O programa de recuperación do patrimonio inmaterial Proxecto Ronsel ten asegurada a súa actividade durante un ano máis. O Consello da Xunta autorizaba esta mañá o convenio entre a ConsellarÃa de Cultura e Deporte, a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e as universidades de Vigo, Santiago e A Coruña, polo que se destinará un total de 196.749 euros a estes traballos durante 2009. Os fondos destinaranse a continuar a catalogación de manifestacións do patrimonio inmaterial galego.