A Deputación de Lugo anuncia novas medidas a prol do patrimonio inmaterial

Un investimento de 35.000 permitirá continuar os traballos de investigación e difusión

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O proxecto de recuperación do patrimonio inmaterial do sur de Lugo que a Deputación desta provincia leva desenvolvendo desde o pasado ano ten desde hoxe un novo pulo. Un investimento de 35.000 euros permitirá continuar coa documentación das festas de entroido deste zona ao longo de 2009. Entre outras iniciativas, dous bolseiros da Área de Cultura da Deputación realizarán pesquisas sobre este tema. A maiores, diferentes asociacións que xa traballan na recuperación de usos tradicionais, contarán con apoio para actividades coma a rehabilitación de vivendas e de locais ou a posta en valor de espazos públicos relacionados con estes costumes.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Deputación de Lugo, Asociacións, Entroido

Claves

Lugares