Malia ao seu nome, non ten moito que ven con proxectos industriais. O Centro de Novas TecnoloxÃas do Pico Sacro é un curioso experimento creativo que se desenvolve ao carón deste monte próximo a Compostela. A improvisación musical, que xa tomou forma en propostas coma a Orquestra de Música Espontánea ou o Aquófono, é o eixe dunha iniciativa que está a conseguir repercusión fóra do paÃs, malia a que sempre dentro dun publico eminentemente minoritario.
“O Centro de Novas tecnoloxÃas do Pico Sacro é basicamente un grupo de artistas que traballamos sobre a música improvisada. Somos máis de vinte músicos, algunha xente que vén de artes plásticas e o que facemos é tanto improvisación libre como improvisación con dirección xestual, que é o proxecto da Orquestra de Música Espontánea de Galicia (Omega), na que participamos todos”. Esta iniciativa, unha das máis coñecidas que xurdiron do centro, que ten a súa base fÃsica na casa dun dos seus compoñentes, ao pé do mentado monte. “O proxecto Omega naceu o pasado pasado, xa tiveramos en 2003 unha experiencia neste sentido con oito membros. Fixemos un chamamento coa idea de facer un só concerto, preparamos nunha fin de semana o traballo de dirección e como quedamos todos da actuación, seguimos adiante”, lembra Varela. Unha actuación desta grande formación é realmente un espectáculo diferente ao habitual. “Hai un ou dous directores e faise a composición a tempo real”. Mediante xestos van facéndolle indicacións aos participantes, formando unha improvisación colectiva que suma o traballo de cada un deles. O proxecto ensaia unha vez ao mes no auditorio do Conservatorio de Vigo, e supón unha das escasas iniciativas que existen no Estado deste tipo.
O éxito da auga
Ademais da Omega, o centro deu pé xa a distintos proxectos que teñen en común ese interese pola música sen partituras. “No ano 1999 xuntámonos Pablo Rega, LuÃs Alberto RodrÃguez e mais eu formamos o grupo Parto, con dous baterÃas, instrumentos de grupo, gravacións, e outros elementos. A partir de Parto LuÃs e eu empezamos a traballar coma un experimento máis o Aquófono, que acabou coméndose un pouco a Parto”. Este instrumento, que se presentou ao público na sala NASA de Compostela, consiste nun dispositivo no que a caida rÃtmica de gotas de auga activa diferentes elementos electrónicos. Alén dos propios músicos, o instrumento pode ser manipulado por calquera asistente, que modificando o fluxo lÃquido obtén novos sons. “Funciona moi ben con todo tipo de público, sobre todo con rapaces”, apunta Varela. A proposta percorreu diferentes eventos en Galicia e visitou festivais de creación por toda a PenÃnsula. “É a iniciativa que está a mover máis por fóra”, recoñece Varela, “máis do que concertos facemos exposicións interactivas en eventos relacionados coa auga ou coas novas tecnoloxÃas”. A última visita deste aparello foi, como non, a Expo de Zaragoza, onde obtivo un grande éxito de público.
A improvisación expándese
É precisamente este instrumento, canda a Omega, o que lle está a achegar máis difusión ao traballo do Centro Tecnolóxico. E é que a música improvisada non chega precisamente a un público masivo.
“O noso público normalmente ten que ver coa arte ou unha vinculación co mundo. É minoritario. En todo o caso, a apertura neste sentido vén polo proxecto Omega, xa que ao haber moita xente é máis agradecido, e tamén porque o director orienta tamén coa súa xestualidade a música. Noutros proxectos de improvisación é fácil perderse se non coñeces as claves destes procesos. Ao haber esa figura do director dáse unha especie de mediación co público que se identifica coa figura”.
Un foco no Estado
A xa mentada NASA, en Compostela, é o principal punto de conexión co público para os proxectos do Centro. “Desde hai dous anos, a NASA apoiou facer sesións mensais e foise sumando xente interesada na improvisación. A nivel de afluencia máis ou menos vai funcionando”, apunta Varela. “Agora gustarÃanos poder facer máis sesións deste tipo noutras cidades. É unha mágoa que en Vigo ou Coruña non haxa nada neste sentido, poderÃa aproveitarse e traer Galicia xente que visita Madrid ou Barcelona e que non podes traer para un só concerto”. Malia ao impacto relativamente escaso que ten este tipo de propostas en Galicia, proxectos coma Omega ocupan un lugar destacado no panorama estatal da música improvisada. “Está a cousa un pouco escasa. Existe a Orquesta Zoco en Madrid, na que tamén participa algunha xente de Omega, coma Pablo Rega. En Barcelona o colectivo de improvisación que habÃa está un pouco disgregado, é unha situación bastante semellante á do Freejazz a finais dos anos 60. Hai que ser autosuficiente, crer no que fas e pouco a pouco vas vendo que non estás só e hai unha resposta”, recoñece este músico.
Polo momento, semella complicado que este tipo de música chegue a encher estadios, pero non cabe dúbida de que, aos poucos está a conseguir novos espazos e que o noso paÃs acumula puntos para ser un referente peninsular neste ámbito.