Cúmprense cincuenta anos da emblemática ponte de Gundián

Unha asociación local presenta un libro, exposicións e actividades sobre esta construción do río Ulla

2/9/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Hai medio século inaugurouse a vía do tren Santiago-Ourense e a elevada ponte que salvaba o paso de San Xoán da Cova, un estreito canón a través do que o río Ulla continúa camiño cara o mar. Para celebralo, a asociación cultural Raiceiros presentarán o sábado pola noite o libro Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana e presentarán unha mostra sobre a ponte e o seu proceso de construción composta por unha serie de paneis fotográficos, que afondan nas tradicións e na historia popular desta ponte. O sábado 13 tamén continuarán as celebracións ao redor da ponte: no contorno da capela de Gundián Carlos Nárdiz, decando do Colexio de Enxeñeiros de Camiños de Galicia, dará unha charla sobre a ponte, haberá contacontos e música. O contorno paisaxístico da ponte de Gundián está fortemente afectado pola construción do AVE.

Que che parece esta nova?
13 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulla, Exposicións, Paisaxe, San Xoán...