Artistas representativos da Land-Art estarán en Narón no marco dun congreso internacional

Dosier: arte en proceso

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Mentres varios escultores van elaborando esculturas á vista do público no barrio de Valadares de Vigo, en Naron acaba de presentarse unha iniciativa semellante. Trátase do I Encontro Internacional Arte e Natureza que pretende amosar a relación entre o creador e o seu contorno, como unha relación harmónica entre arte e natureza. Unha actividade na que os visitantes poderán ver como se crean as obras de arte de artistas recoñecidos neste ámbito como son a xaponesa Yukito Kitahara (coñecida por traballar con animais), a francesa Valérie Buffetaud ou o alemán Uli Schwander. O encontro terá lugar do 1 ao 6 de setembro no recinto de Aldea Nova.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Arte e terra

Arte e terra

O Encontro Internacional de Land Art achega nove creadores desta disciplina a Narón

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Natureza, Narón, Culturagalega, Paisaxe...